Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente o asentamento da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que REGANOSA ten en Mugardos

Planta de Gas fora da Ría !
Estes Fundamentos e Razóns están elaboradas por Ferrol-Cape, acrónimo do Colectivo universitario opositor á Planta de Gas Licuado (GNL) da ría de Ferrol (Galicia): Cidadáns Aliados para Protexer o seu Contorno, cedidos para a súa divulgación, ao cal agradecemos todo o seu traballo e investigación, así como o que poñan os seus coñecimentos ao servizo da poboación e do movimento asociativo opositor á planta regasificadora de REGANOSA.

Se nalgún momento dos Fundamentos esta-se a nomear asuntos como futuribles, os xa pasados, debese a que estes Fundamentos foron recebidos por entregas sendo a primeira en 25 de Xaneiro de 2007 e a última o 25 de Marzo de 2009.

O traballo complementase con artigos de interese, unha significativa galería fotográfica e notas ao final dos Fundamentos que consideramos de importancia como documentación adicional.

Colectivo universitario opositor á Planta de Gas Licuado (GNL) da ría de Ferrol (Galicia): Cidadáns Aliados para Protexer o seu Contorno - Ferrol-Cape

ferrol.cape@gmail.com
http://www.f-cape.org

Esta serie de FUNDAMENTOS técnico-legais axudarán a comprender a falta de criterio e senso común de todos aqueles que apoian a actual localización da plata de gas con informes FAVORABLES ou con declaracións públicas.

Esperamos demostrar de forma CLARA e CONTUNDENTE que certos políticos e medios de comunicación están nun erro e desenmascararemos a súa postura neste tema xa que se non aceptan estes argumentos é porque ou ben son uns necios ou porque participan conscientemente nesta ilegalidade. Demostraremos, ao rematar esta serie de artigos, que son ELES OS QUE MINTEN cando din que estamos enganando á cidadanía.

Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRÍTICAS que se puidesen realizar sobre a lectura destes FUNDAMENTOS. Os comentarios pódense facer por e-mail a: ferrol.cape@gmail.com


Fundamentos:
  • FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP [Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas] Decreto 2414/1961.

  • FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6/2.001 do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental [Directiva europea 97 /11 /CEE] - Non se tivo enconta - [Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE].

  • FUNDAMENTO 3º : Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre Instalación e Equipos para Gas Licuado - Interfaz entre buque e terra - Marzo de 1.997 . Saída ao mar de buques gaseiros en caso de emerxencia. Requerimentos principais sobre aspectos de seguridade de buques gaseiros a cumprir nos terminais de descarga de Gas Natural Licuado [GNL -LNG].

  • FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" [Directiva Europea 96/82/CE - Lei Seveso II].

  • FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre Instalación e equipos para Gas Natural Licuado - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998.

  • FUNDAMENTO 6º : Non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado [GNL]. Ano 2001.

  • FUNDAMENTO 7º : A Planta de Gas da Ría de Ferrol non era necesaria para Galiza.

Enlaces relacionados de artigos e galería fotográfica de interese:

Enlaces relacionados con documentarios de interese:

Documentario: "Un gasoducto no meu xardín" [28.01.2007] é unha reportaxe de Carlos Enrique Carrasco, realizado por José Luís Costas Solagrán. Para o programa Liña 900 de "la2" de TVE dirixido por Jaume Codina, presentado por Xavier Muixí e producido por Alejandro Amillano, na actualidade este programa xa non está en antena. O documentario está dividido en cinco partes, pois youtube non permite videos superiores a 10 minutos de duración.

Regasificadora Mugardos - 1 de 5
Regasificadora Mugardos - 1 de 5

Regasificadora en Mugardos - 2 de 5
Regasificadora en Mugardos - 2 de 5

Regasificadora en Mugardos - 3 de 5
Regasificadora en Mugardos - 3 de 5


Regasificadora en Mugardos - 4 de 5
Regasificadora en Mugardos - 4 de 5

Regasificadora en Mugardos - 5 de 5
Regasificadora en Mugardos - 5 de 5


Documentario: "Ferrol, polo mar e a vida" [18.12.2007 ], un documentario moi interesante sobre o despropósito gasístico de Reganosa. ACSUR-Las Segovias e Fuco Buxan, foron as entidades promotoras do video, froito dun curso que se desenvolveu no verán de 2007 en Ferrol.


Ferrol, polo mar e a vida


Enlaces de Interese
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
















_____________________